O noso propósito
Transformar Galicia nunha sociedade sustentable
Investigamos, mobilizamos, divulgamos e tecemos alianzas para que o territorio, as persoas e o saber facer galegos se traduzan en oportunidades reais de futuro.
Os grandes cambios só son posibles cando se traballan dende o coñecemento, a acción colectiva e o compromiso co ben común.
Somos unha organización privada sen ánimo de lucro constituída en 2008.
Operamos en todo o territorio galego, do urbano ao rural, e ocupamos o espazo no que nin o mercado nin a administración chegan.
Ler o manifestoSeis liñas que se sosteñen entre si
As causas son o que defendemos. Cada proxecto que iniciamos vincúlase a unha ou varias delas e busca producir resultados tanxibles no territorio.
-
01
Valorización dos recursos propios
Cremos no potencial do que xa temos: o territorio, a xente e o saber facer.
-
02
Prosperidade rural
Un rural con oportunidades reais, onde a calidade de vida sexa o motor do desenvolvemento.
-
03
Inspiración para o cambio
Exemplos, ideas e historias que amosan que outro modelo é posible e xa está en marcha.
-
04
Rexeneración funcional dos ecosistemas
Accións que devolven diversidade e equilibrio aos ecosistemas, atendendo á función que cumpren.
-
05
Transición agroecolóxica
Producir alimentos respectando os ciclos naturais e fortalecendo a resiliencia do territorio.
-
06
Alianzas pola sustentabilidade
Redes entre persoas, empresas e institucións que comparten un obxectivo: unha Galicia Sustentable.
Proxectos que están a pasar agora
Investigación, infraestrutura e encontros que xa están a producir resultados no territorio.
Observatorio do Medio Rural
Plataforma de datos abertos sobre vulnerabilidade, sustentabilidade e dinámicas dos 313 concellos galegos. Vertentes rural e urbana.
Camiño do Litoral
Roteiro de longa distancia que percorre a costa galega como infraestrutura cultural e ferramenta de revitalización.
Foro Rural Sustentable
Cita anual que reúne investigación, política pública e iniciativas reais para pensar o futuro do rural galego.
Finca Experimental
Centro de referencia para a transición do medio rural cara á sustentabilidade. Ensaios sobre fertilidade do solo e cultivos baixo eucalipto.
Máis de douscentos proxectos desde 2005, consultables por causa e por estado.
Ver todos os proxectosA fundación non traballa soa
Publicación propia, plataforma de doazóns e, en breve, unha tenda de iniciativas galegas que comparten os nosos valores.
Galicia Sustentable, a revista
Reportaxes, entrevistas e ensaios sobre a Galicia que coida o seu territorio. Dirección editorial propia.
galiciasustentable.org Plataforma propiaDoazóns e crowdfunding
Apoia a fundación con doazóns puntuais ou recorrentes, ou financia proxectos concretos a través da nosa plataforma.
Doar agoraTenda da Fundación
Produtos e experiencias coidadosamente seleccionados de iniciativas galegas que comparten os nosos valores.
O teu apoio fai posible o noso traballo.
Doazóns puntuais ou recorrentes, ou financiamento de proxectos concretos. As contas e as memorias anuais publícanse no portal de transparencia.