Santiago — Hórreo
O lugar onde se pensa. Coordinación, dirección e equipo administrativo da fundación.
Rúa do Hórreo 22, 1ºC15701 Santiago de Compostela
Coñece o propósito, a historia e a estrutura que sostén o noso traballo polo territorio galego.
A Fundación Galicia Sustentable é unha organización privada, sen ánimo de lucro, constituída no ano 2008. Nacemos coa convicción de que os grandes cambios só son posibles se se traballan dende o coñecemento, a acción colectiva e o compromiso co ben común.
Ao longo destes anos analizamos con rigor as nosas capacidades para facer fronte aos desafíos sociais, ambientais e económicos que definen o noso tempo. Como resultado dese traballo establecemos un propósito que orienta todas as nosas accións: transformar Galicia nunha sociedade sustentable.
Operamos en todo o territorio galego, do urbano ao rural, e ocupamos o espazo no que nin o mercado nin a administración chegan. Onde a sociedade civil organizada pode facer aquilo que outros actores non fan.
Ler o noso manifestoConstitución da Fundación Galicia Sustentable como organización privada sen ánimo de lucro. Establécese o propósito fundacional e a primeira sede.
Declarada de interese ambiental por Orde do 18 de febreiro de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e de interese galego por Orde do 8 de maio de 2009 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Durante unha década organizamos as charlas TEDxGalicia: encontros que non buscaban dar respostas senón confrontar opinións e introducir o outro punto de vista. Unha escola de pensamento crítico galego que segue alimentando o noso discurso.
A fundación opera dende tres sedes complementarias en Santiago de Compostela e A Laracha, con presenza activa en sesenta concellos galegos e máis de douscentos proxectos realizados.
A nosa estrutura física reparte tres funcións complementarias: o lugar onde se pensa, o lugar onde se aprende e ensaia, e o lugar onde se experimenta no terreo.
O lugar onde se pensa. Coordinación, dirección e equipo administrativo da fundación.
Rúa do Hórreo 22, 1ºCO lugar onde se aprende e se ensaia. Espazo formativo, talleres con comunidades e encontros de traballo.
Travesa de Picaños 27O lugar onde se experimenta. Centro de referencia para a transición do medio rural cara á sustentabilidade.
Igrexario Montemaior