A Fundación

Quen somos e por que existimos

Coñece o propósito, a historia e a estrutura que sostén o noso traballo polo territorio galego.

Propósito

Transformar Galicia nunha sociedade sustentable

A Fundación Galicia Sustentable é unha organización privada, sen ánimo de lucro, constituída no ano 2008. Nacemos coa convicción de que os grandes cambios só son posibles se se traballan dende o coñecemento, a acción colectiva e o compromiso co ben común.

Ao longo destes anos analizamos con rigor as nosas capacidades para facer fronte aos desafíos sociais, ambientais e económicos que definen o noso tempo. Como resultado dese traballo establecemos un propósito que orienta todas as nosas accións: transformar Galicia nunha sociedade sustentable.

Operamos en todo o territorio galego, do urbano ao rural, e ocupamos o espazo no que nin o mercado nin a administración chegan. Onde a sociedade civil organizada pode facer aquilo que outros actores non fan.

Ler o noso manifesto
Historia

Máis de quince anos construíndo unha fundación con peso propio

  1. 2008

    Fundación

    Constitución da Fundación Galicia Sustentable como organización privada sen ánimo de lucro. Establécese o propósito fundacional e a primeira sede.

  2. 2009

    Recoñecementos institucionais

    Declarada de interese ambiental por Orde do 18 de febreiro de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e de interese galego por Orde do 8 de maio de 2009 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

  3. 2009 — 2019

    TEDxGalicia, dez anos

    Durante unha década organizamos as charlas TEDxGalicia: encontros que non buscaban dar respostas senón confrontar opinións e introducir o outro punto de vista. Unha escola de pensamento crítico galego que segue alimentando o noso discurso.

  4. Hoxe

    Tres sedes, +200 proxectos, 60 concellos

    A fundación opera dende tres sedes complementarias en Santiago de Compostela e A Laracha, con presenza activa en sesenta concellos galegos e máis de douscentos proxectos realizados.

Sedes

Tres lugares, tres funcións

A nosa estrutura física reparte tres funcións complementarias: o lugar onde se pensa, o lugar onde se aprende e ensaia, e o lugar onde se experimenta no terreo.

01 Oficinas

Santiago — Hórreo

O lugar onde se pensa. Coordinación, dirección e equipo administrativo da fundación.

Rúa do Hórreo 22, 1ºC
15701 Santiago de Compostela
02 Escola e taller

Santiago — Picaños

O lugar onde se aprende e se ensaia. Espazo formativo, talleres con comunidades e encontros de traballo.

Travesa de Picaños 27
15702 Santiago de Compostela
03 Finca experimental

A Laracha — Igrexario Montemaior

O lugar onde se experimenta. Centro de referencia para a transición do medio rural cara á sustentabilidade.

Igrexario Montemaior
15145 A Laracha
Datos institucionais

Estatutos e declaracións

Denominación
Fundación Galicia Sustentable
CIF
G70193537
Constitución
Ano 2008
Natureza
Organización privada sen ánimo de lucro
Interese ambiental
Orde do 18 de febreiro de 2009. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Interese galego
Orde do 8 de maio de 2009. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Sede oficial
Rúa do Hórreo 22, 1ºC. 15701 Santiago de Compostela.
Órganos consultivos
Consello Asesor e Consello de Estudos, regulados no Artigo 27 dos Estatutos.
Ver portal de transparencia