Outeiros verdes entre a brétema

O noso propósito

Transformar Galicia nunha sociedade sustentable

Investigamos, mobilizamos, divulgamos e tecemos alianzas para que o territorio, as persoas e o saber facer galegos se traduzan en oportunidades reais de futuro.

Os grandes cambios só son posibles cando se traballan dende o coñecemento, a acción colectiva e o compromiso co ben común.

Somos unha organización privada sen ánimo de lucro constituída en 2008.

Operamos en todo o territorio galego, do urbano ao rural, e ocupamos o espazo no que nin o mercado nin a administración chegan.

Ler o manifesto
Ecosistema FGS

A fundación non traballa soa

Publicación propia, plataforma de doazóns e, en breve, unha tenda de iniciativas galegas que comparten os nosos valores.

Apoia a Fundación

O teu apoio fai posible o noso traballo.

Doazóns puntuais ou recorrentes, ou financiamento de proxectos concretos. As contas e as memorias anuais publícanse no portal de transparencia.