A FGS presenta o IV Foro Rural Sustentable 2026
A cuarta edición do encontro anual centrarase nos modelos de prosperidade que están a emerxer no rural galego. Programa, sede e relatores en preparación.
Ler o comunicado completo →Dossier corporativo, fotos institucionais, fichas de proxectos, comunicados oficiais e contactos directos. Todo o que precisas para cubrir, narrar ou difundir información sobre a Fundación Galicia Sustentable, en prensa escrita, medios dixitais, radio, podcasts ou audiovisuais.
Para entrevistas, declaracións, datos específicos ou solicitudes urxentes contacta directamente co departamento de comunicación da fundación.
Para obter recursos específicos non incluídos no dossier (entrevistas, datos, gráficos personalizados) contacta directamente co departamento de comunicación.
A Fundación Galicia Sustentable (FGS) é unha organización privada sen ánimo de lucro constituída en 2008 co propósito de transformar Galicia nunha sociedade sustentable. Declarada de interese ambiental e galego en 2009, opera dende tres sedes en Santiago de Compostela e A Laracha. Promove proxectos de investigación territorial, transición agroecolóxica, alianzas con iniciativas exemplares e divulgación. Organizou TEDxGalicia durante dez anos (2009-2019) e desenvolve actualmente o Observatorio do Medio Rural, o Camiño do Litoral, o Foro Rural Sustentable e a Finca Experimental.
Comunicados oficiais da fundación sobre lanzamentos de proxectos, eventos, posicionamentos institucionais e resultados de investigación.
A cuarta edición do encontro anual centrarase nos modelos de prosperidade que están a emerxer no rural galego. Programa, sede e relatores en preparación.
Ler o comunicado completo →A plataforma reúne datos abertos sobre os 313 concellos galegos e calcula por primeira vez o Índice de Vulnerabilidade Rural (IVR) para todo o país.
Ler o comunicado completo →O proxecto do roteiro de longa distancia inicia a súa fase de implantación pública con planificación territorial e mapa interactivo.
Ler o comunicado completo →